Saltar navegación

Sistemas de ecuacións

Que imos aprender?

Pregunta

Preme sobre cada un dos apartados para asegurarte de que van quedando ideas básicas claras:

Respostas

Sistemas de ecuacións lineais

Que aspecto ten unha ecuación lineal? Que quere dicir que o sistema é homoxéneo?

Como se expresa a matriz asociada a un sistema? Ten que ser sempre cadrada?

Que é a matriz ampliada?

Resolución por matriz inversa

Cal é a ecuación matricial asociada a un sistema?

Como despexarías a incógnita na ecuación matricial?

Cando se pode resolver o sistema utilizando este método?

Clasificación de sistemas

De que tres xeitos podemos clasificas os sistemas segundo as súas solucións?

Que tipo de sistema é un que non ten solución? E o que ten infinitas solucións? E o que ten unha única solución?

Teorema de Rouché-Frobenius

Para que se utiliza o teorema de Rouché-Frobenius?

Cando os rangos da matriz ampliada e a matriz dos coeficientes son diferentes, que quere dicir?

Que pasa co rangos das matrices e o número de incógnitas cando o sistema é compatible indeterminado?

Método de Gauss

En que consiste resolver un sistema polo método de Gauss?

Que ocorre ao resolver un sistema utilizando o método de Gauss se o sistema é incompatible?

Se ao resolver o sistema polo método de Gauss se anula por completo unha fila, cantas solucións ten o sistema?

Regra de Cramer

Na expresión que se utiliza na regra de Cramer que quere dicir \(A_i\)?

Se o determinante da matriz asociada ao sistema é cero, como podemos resolver un sistema compatible indeterminado?

Aplicacións (problemas e discusión de sistemas)

Neste apartado non se inclúen conceptos novos.

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)