Saltar navegación

(SEN ACTUALIZAR) Bloque IV

Neste último bloque os dous primeiros apartados son o xa visto o curso pasado e remataremos facendo unha pequena ampliación que usará os conceptos dos apartados anteriores. É importante ter en mente que a maioría de vós se tedes matemáticas nos próximos anos o máis probable será que estea vinculada a estar parte, polo que afianzala ben será traballo gañado para o futuro.

Para a primeira parte recordaremos como se opera con sucesos. Importante manexar ben a linguaxe e identificar ben cando temos unha condición xa que a probabilidade condicionada será un dos elementos clave desta parte.

A continuación recordaremos unha das distribucións de probabilidade máis habituais, a normal. Recordaremos como usar a táboa, tipificar e calcular intervalos para unha determinada probabilidade,...

Finalmente introduciremos intervalos de confianza, non nos temos que deixar asustar polo complicado das expresións, xa que ao final é sempre facer o mesmo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)