Que imos aprender? Pregunta Preme sobre cada un dos apartados para asegurarte de que van quedando ideas básicas claras: Respostas Opción 1 Representación de funcións Que tipo de funcións poden presentar algún problema no dominio?Podemos ter unha función continua no seu dominio, pero que ao representala teña unha discontinuidade?Como é a forma dos puntos de corte co eixe X? E co eixe Y?Asíntotas... que son? Que tipos hai e como calcularías cada un deles?Dada unha función, a derivada para que nos axuda na súa representación? E a derivada segunda? Opción 2 Optimización Como é a función derivada cando a función é crecente? E decrecente? Que caracteriza os puntos que son máximo da función? E aos mínimos? Opción 3 Teoremas de Rolle e o valor medio Sei enunciar os teoremas de Rolle e o valor medio coa notación matemática adecuada? Se teño un problema no que me preguntan polas condicións do teorema de Rolle e a partir delas chegar a conclusións, sei que se ten que cumprir e logo como calcular o punto c? Se teño unha función e me din que cumpre as condicións do teorema do valor medio do calculo diferencial, sei calcular c? Retroalimentación Recorda, entender os conceptos é o paso básico para logo poder xogar con eles. Solución Selección correcta Selección correcta Selección correcta