Saltar navegación

Matrices e determinantes

Que imos aprender?

Pregunta

Preme sobre cada un dos apartados para asegurarte de que van quedando ideas básicas claras:

Respostas

Elementos e clasificación

Sabes indicar un elemento dunha matriz coa notación correcta? Sabes que quere dicir a23?

Que é unha matriz cadrada? É unha diagonal?

Sabes cal é a diferencia entre unha matriz de dimensión 2 × 3 e unha 3 × 2?

Operacións e propiedades

Sabes sumar/restar matrices?

Que quere dicir multiplicar unha matriz por un escalar?

Como se multiplican matrices? É o produto de matrices conmutativo?

Saberías facer a matriz trasposta da matriz trasposta? Que obtes?

Determinante dunha matriz. Cálculo e propiedades

Como calcularías o determinante dunha matriz de orde 2? E de orde 3? Que é a regra de Sarrus? 

Que é o menor complementario de aij? Como calcularías o adxunto de aij?

Que lle pasa ao determinante se intercambio dúas filas dunha matriz? E se multiplicamos os elementos dunha fila por un número?

Rango dunha matriz

Como sabes cal é o rango dunha matriz?

Como calcularía o rango da matriz polo método dos menores?

Inversa dunha matriz

Cal é a matriz inversa dunha dada?

Cal é o determinante da matriz inversa?

Como calcularías a inversa dunha matriz usando o método de Gauss?

Cal é a expresión que indica a matriz inversa utilizando a matriz adxunta?

Ecuacións matriciais

Sabes trasladar os métodos tradicionais de resolución de sistemas ao caso en que as incógnitas son matrices?

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)