Na estatística temos dúas partes: estatística descriptiva e estatística inferencial. Nesta parte da materia imos introducirnos na segunda delas e para poder extraer conclusións imos precisar tomar unha mostra.
Para poder extraer as conclusións o máis acertadas posible é preciso ter unha mostra representativa, para o que hai que ter un conta dous aspectos: o tamaño e a mostraxe.
Mostraxe aleatoria
Todos os individuos da poboación teñen a mesma probabilidade de ser escollidos e a selección realízase ao azar.
- Mostraxe aleatoria simple: basta con numerar todos os elementos da poboación e seleccionar ao chou a cantidade desexada como tamaño da mostra.
- Mostraxe aleatoria sistemática: numéranse e ordénanse todos os individuos da poboación. Escolle un ao chou, que se denomina orixe e a partir deste, escóllense aqueles que sexan certos múltiplos do número.
- Mostraxe aleatoria estratificada: divídese a poboación en subgrupos que se caracterizan porque os individuos dun subgrupo son homoxéneos entre si (os estratos son excluíntes entre si). Tómanse mostras dos estratos dun tamaño proporcional ao tamaño do estrato, ata ter a mostra da poboación do tamaño desexado.
- Mostraxe por conglomerados: neste caso divídise a poboación por conglomerados, que son subgrupos que pretenden ser unha representación a pequena escala da poboación, deste xeito nos conglomerados teñen individuos heteroxéneos, pero entre eles son homoxéneos (os conglomerados son excluíntes entre si). Despois tómase unha mostra aleatoria simple dos conglomerados.
Mostraxe non aleatoria
Os individuos poder ter distintas probabilidades de ser escollidos de ser escollidos, e polo tanto é máis probable que es mostras sexan non representativos.
- Bóla de neve: en poboacións que son de difícil acceso, úsase este método que consiste en localizar a un individuo e que ese leve a outro e así sucesivamente.
- Mostraxe por conveniencia: os elementos da mostra se seleccionan de xeito conveniente atendendo ao interese da investigación.
- Mostraxe por xuízo: confíase na experiencia da persoa que fai a enquisa para seleccionar os individuos da mostra, por exemplo, se temos uns criterios que precisamos, confiamos que quen fai as enquisa selecciona os mellores individuos que cumpren eses criterios e resultan útiles para o estudio.
Recolecta e organiza unha serie de datos para coñecer características do conxunto.
Trata de extraer conclusións sobre toda a poboación