¿Que é?
Este iDevice permite mostrar imaxes panorámicas inmersivas en 360° ou fotografías normais dentro dun visor interactivo. Configura a orientación inicial, o campo de visión e a velocidade de navegación. Ademais, permite engadir puntos interactivos sobre a imaxe para enriquecer a exploración con información adicional.
Exemplo de uso
Move pola imaxe coas flechas ou co rato para ver 360o
Como se fai?
Ao engadir o iDevice ábrese unha caixa de texto onde podemos cargar escenas e determinar cal é a favorita, elixir a imaxe, describalla e definir a vista inicial. Engadir imaxes 360° equirectangulares (relación 2:1) ou desmarca “Imaxe de panorama 360°” para usar unha foto plana normal. O visor usa WebGL para as escenas 360°
Tamén podemos definir na imaxe en 360o puntos interactivos onde engadir información e decidir sobre os controis que queremos que se vexan na exportación, se queremos ou non que rote de forma automática e a que velocidade, se permitimos zoom, e algunhas opcións máis.