¿Que é?
O iDevice "Caso práctico" é unha adaptación do iDEVice "Texto" cunha caixa, sen retroalimentación para a "Historia"ou a narrativa para traballar esta tarefa e outra ou outras caixas, estas con retroalimentación para establecer as "Actividadesdo caso práctico.
Exemplo de uso
Hai uns meses, anunciouse o que é considerado por algúns "o maior descubrimento científico da historia": a demostración da existencia do chamado Bosón de Higgs.
A partir desta presentación, propoñémosche que leve a cabo a túa propia investigación sobre este tema a partir dunhas actividades.
Busca de información:
Pedimos que busques dúas ou tres páxinas de Internet nas que se poida atopar información sobre o Bosón de Higgs: quen foi o seu descubridor, cal é a teoría que presentou e onde e como se demostrou finalmente esa teoría.
Exposición oral:
A partir da información obtida nas fontes que consultou antes, tes que preparar unha exposición oral na que expliques os aspectos esenciais sobre o tema que estamos traballando.
Como se fai?
Ao seleccionar o iDevice "Caso práctico" da lista de iDovices mostrarase o seguinte no noso eXeLearning:
Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título e asignar unha icona.Vemos que existen unha serie de opcións cada unha cunha funcionalidade diferente que nos permitirá configurar a nosa actividade dunha maneira moi flexible.
Información da tarefa
Como un iDevice de texto permite asignar tempo e agrupamentos á tarefa que vai realizar o alumnado.
Historia
Neste campo escribiremos a narrativa da actividade co necesario para levala a cabo, un vídeo, unha lectura...
Actividades
Aquí indicamos as instrucións para levar a cabo a tarefa que se considera, permitindo "Mostrar retroalimentación" que sirva de axuda ou complemento ao alumnado.