¿Que é?
Este iDevice pódese usar para ver partes dunha imaxe ampliada. ten que proporcionar a imaxe correspondente e elixirase o nivel de aumento e o tamaño da lupa. A imaxe verase ampliada ao pasar sobre ela co rato.
Exemplo de uso
Escolla o nivel de aumento e o tamaño da lupa. A imaxe verase ampliada ao pasar sobre ela co rato.
Como se fai?
Ao engadir o iDevice ábrese unha caixa de texto onde podemos detallar as instrucións correspondentes que buscamos nunha determinada actividade:
Agora se nos abre a posibilidade de subir unha imaxe que será a que podemos utilizar para, ampliar coa lupa e ver detalles (por exemplo dunha obra pictórica). Podemos decidir, a ancho da imaxe, a súa alineación, o aumento de inicio e o tamaño da lupa. Estas dúas últimas opcións tamén poden cambiar no iDevice publicado.