A continuación, exploraremos dous elementos esenciais na creación de recursos con eXeLearning:
- Os iDevices, que permiten incorporar e estruturar contidos interactivos
- O editor de textos, ferramenta fundamental para dar forma e formato á información presentada, incluído en gran parte dos iDevices.
Editor de textos
En primeiro lugar, imos deternos en analizar as funcionalidades incluídas no Editor de textosun elemento de traballo fundamental que está presente en moitos iDevices e que permite introducir e dar formato a contidos textuais, incluír elementos multimedia, estruturar o texto, incorporar notación matemática ou musical ou grabar audioÉ polo tanto, fundamental e transversal na creación de recursos. veremos con detalle este editor, mostrando a súa importancia básica.
IDEVICES
O elemento principal para incorporar contido nos recursos creados con eXeLearning é o "iDevice" ou bloque de contido. Estes iDevices permiten enriquecer os recursos e darlles vida, posibilitando a incorporación dunha gran variedade de materiais, desde textos, imaxes e vídeos, ata obxectos dixitais, actividades interactivas ou xogos. Os iDevices atópanse convenientemente organizados en categorías para optimizar o proceso de deseño de contido:
- Información e presentación: Para mostrar e estruturar contido, enriquecéndoo con accesibilidade e diversos medios.
- Avaliación e seguimento: Ferramentas para verificar coñecementos e progreso, coa posibilidade de ofrecer feedback.
- Xogos : Recursos que utilizan mecánicas lúdicas para motivar e reforzar a aprendizaxe sen a presión evaluativa.
- Actividades interactivas: Exercicios que requiren interacción directa para un aprendizaxe activo.
- Ciencias : Deseñados especificamente para traballar contidos de materias ou áreas concretas