¿Que é?
Este iDevice nos mostra os resultados obtidos polo alumnado nas actividades asociadas ao mesmo e a súa nota media.
Con este iDevice, poderemos recoller as cualificacións das actividades que seleccionamos e presentalas nun informe final que poderá ser gardado como imaxe. Simplemente haberá que introducir un identificador (un número ou unha palabra de máis de catro caracteres) tanto no informe como en cada unha das actividades Que queremos recoller no mesmo.
Exemplo de uso
Podemos probar unha exemplo deste iDevice nesta páxina que se verá así:
Como se fai?
Ao seleccionar o iDevice "Informe de progreso" da lista de iDovices mostrarase o seguinte no noso eXeLearning:
Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título e asignar unha icona. Vemos que existen unha serie de opcións e táboas, cada unha cunha funcionalidade diferente que nos permitirá configurar o noso informe.
Adaptacións xerais
No apartado de "Opcións" introduciremos o identificador que determina que actividades aparecerán cualificadas no informe. Previamente, introduciremo este mesmo identificador en ditas actividades. Ademais, poderemos configurar este informe con distintas opcións: mostrar data e hora, mostrar o tipo de iDevice, enlazar as actividades e introducir datos de usuario.
Textos personalizados
Páxina na que poderemos personalizar os textos e mensaxes automáticos que xera o iDevice.