¿Que é?
O bocadillo ou tooltip permite incluír comentarios ao longo do texto, podendo definir a súa aparencia e comportamento.
“Un Título Tooltip (tamén denominado descrición emerxente) é unha ferramenta Axuda visual, que funciona ao situar o cursor sobre algún elemento gráfico, mostrando unha axuda adicional para informar ao usuario da finalidade do elemento sobre o que se atopa. wikipedias
Teña en conta que non se debe abusar dos efectos "Bocadillo". Non hai que facelos moi extensos nin poñer imaxes moi anchas. Os ToolTip só admiten un ancho por debaixo de 300 px.
A interface gráfica de usuario, coñecida tamén como GUI (do inglés Graphical user Interface) é un programa informático que actúa de interface de usuario utilizando un conxunto de imaxes e obxectos gráficos para representar a información e accións dispoñibles na interface. O seu principal uso consiste en proporcionar un entorno visual sinxelo para permitir a comunicación co sistema operativo dunha máquina ou computador.
Un tooltip (tamén chamado descrición emerxente) é unha ferramenta de axuda visual, que funciona ao situar o cursor sobre algún elemento gráfico, mostrando unha axuda adicional para informar ao usuario da finalidade do elemento sobre o que se atopa.
Como se fai?
Crear unha ferramenta
Nun texto dun contido será moi sinxelo.
- Seleccionamos o texto no que engadir información e facemos clic na icona Tootltip.
- Eliximos unha das dúas opcións dispoñibles:
- Enlace: para incluír un hipervínculo
- Definición: para engadir un texto
- Enchemos os datos solicitados

- Nas outras táboas podemos configurar o comportamento do bocadillo e o seu aspecto