Estes recursos están deseñados especificamente para traballar contidos de materias ou áreas concretas, facilitando a integración de ferramentas especializadas para o ensino de disciplinas científicas. eXeLearning permite a incorporación dunha gran variedade de materiais e actividades interactivas para enriquecer o contido con estes iDevices esténdese esta capacidade a ámbitos especializados, neste caso de ciencias.
Dentro desta categoría, os iDevices dispoñibles inclúen:
- 3Dmol
- Circuíto eléctrico
- GeoGebra
- Operacións matemáticas
- Problemas matemáticos
- Táboa periódica