Saltar navegación

Outros elementos importantes

Índice, gráfico y libro  

Lembra que debes aplicar as pautas descritas nesta guía en calquera outro elemento que inclúas.

Índice

  • Sitúao ao comezo.
  • Asocia cada apartado cun número de páxina.

Glosario

  • Usa o glosario para definir e explicar palabras que sexan difíciles de entender antes de que comece a lectura do texto. Por tanto, sitúao ao comezo.
  • Ordena as palabras por orde alfabética e resáltaas (maior tamaño ou letra grosa).
  • Inclúe unha definición e un exemplo para cada palabra do glosario. Tamén unha imaxe se é posible.
  • Sitúa cada un destes elementos nunha liña diferente.

Glosa

  • Usa a glosa para explicar unha información ou expresión que sexa difícil de comprender, a primeira vez que apareza no texto.
  • Resalta as expresións que vas explicar en letra grosa.
  • Sitúaa o máis próxima ao texto ou expresión que explica. Podes facelo no propio texto ou na marxe dereita, pero sempre na mesma páxina.
  • Inclúe unha explicación e un exemplo para cada glosa.

Resumos

  • Úsaos para resaltar a información máis importante.
  • Sitúaos ao final do apartado ou documento e cunha etiqueta ou título que deixe claro que se trata dun resumo, para non confundilo co resto do texto.
  • Repite información doutros apartados cando esta sexa necesaria para comprender o texto.

Actividades e preguntas para a comprensión

  • Úsaas antes de comezar o texto para situar á persoa que le no tema.
  • Tamén durante e ao final do documento para comprobar que se comprendeu.

Mapas, planos, gráficas e outros elementos icónicos

  • Se os usas, debes adaptalos e incluír unha lenda e unha explicación seguindo o resto de pautas definidas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)