Saltar navegación

3.5.2. Recursos embebidos

Como incrustar un arquivo PDF

Icon pdf file

Calquera documento PDF incorporado ao REA poderá presentarse ao alumnado de diversos xeitos. A suxestión desta guía é engadilo da seguinte maneira:

1. Creamos un texto con título do documento PDF, ligado a este, co título e descrición debidamente cubertos.

2. Tomarase unha captura de pantalla da portada ou primeira páxina, establecendo como valores recomendados para as dimensións 500 x 500. Engadirase esta imaxe centrada, a continuación do título anteriormente ligado.

3. Incluirase unha ligazón de xeito que, ao premer na imaxe, se abra nunha xanela nova e, no seu caso, se poida descargar o PDF. Importante: ademais do título, cubrir axeitadamente o apartado Descrición da imaxe. Por accesibilidade, esta descrición debe incluír o comportamento da imaxe ligada, por exemplo: Portada do PDF Software libre e de código.... Descarga o documento PDF (abre nunha nova xanela).

Título e portada do PDF Banco de imaxes, sons e vídeos

Este modo de presentar os PDF mellora visualmente o contido do iDevice ou da páxina do REA, particularmente se é profusa en texto, ademais de adiantar contido do documento. En cambio, se a páxina ten moito contido, podería incrementar o scroll de forma considerable.

Por iso, se se considera máis axeitado, poderase optar por presentar os documentos PDF baixo outras formas, como pode ser só un texto ligado ou un botón.

Captura de pantalla dun REA

Feito con eXeLearning (Nova xanela)