Saltar navegación

O vocabulario

Vocabulario

  • Usa palabras que sexan de uso frecuente (nunca termos técnicos ou abstractos) e acordes ao público que vai ler o teu recurso. Podes usar un dicionario de frecuencia léxica do castelán ou do galego para comprobalo.
  • Mellor palabras curtas e con sílabas sinxelas que longas. Prescinde daquelas palabras que non achegan información relevante ao texto.
  • Inclúe un glosario para aclarar o significado das palabras que sexan difíciles de entender.
  • Inclúe tamén glosas: aclaracións, explicacións e comentarios naquelas partes do texto que poden ser difíciles de entender.
  • Redacta o texto para que non haxa confusións de significado coas palabras homógrafas (as que se escriben igual pero teñen diferente significado) e as homófonas (soan igual, escríbense diferente e teñen distinto significado).
  • Usa palabras doutros idiomas só cando sexan de uso frecuente e común.
  • Evita usar siglas, acrónimos e abreviaturas, sobre todo se non son de uso frecuente. Se non tes máis remedio, explica o seu significado a primeira vez que os uses.
  • Evita usar adverbios acabados en -mente e os superlativos: mellor usar "moi".
  • Non uses verbos nin adxectivos substantivados.

Dicionario de frecuencia léxica

  • Bugarín López, M. X. (2004). O galego fundamental: dicionario de frecuencias.
  • Teijido, Mª; Pérez, Mª; Fraga, Isabel. (2003). LEXIGAL-PRIMARIA. Dicionario de frecuencias léxicas do galego escrito para nenos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)