Saltar navegación

1.3. Guía de calidade: elementos imprescindibles

Obxectivo

Esta guía serve para coñecer como elaborar recursos educativos abertos para o Proxecto cREAcal seguindo pautas de calidade.

Esta guía é un material para facilitar a aplicación da Norma UNE 71362:2020.

A súa elaboración apóiase en principios baseados na evidencia científica sobre como aprendemos a partir da obra ¿Cómo aprendemos? Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza (2020) por Héctor Ruiz Martín.

Podes usar esta guía...

1. Como axuda para a creación dun novo REA.

2. Como ferramenta para a autoavaliación dun REA xa elaborado.

3. Como soporte para a selección dun REA.

Aquí atopas

Pautas para verificar a calidade do deseño didáctico

  1. Tomaches decisións sobre que ensinar?
  2. É útil para o alumnado? 
  3. Presenta unha secuencia coherente?
  4. Está deseñado para que o teu alumnado aprenda?
  5. Contén o necesario para ensinar/aprender?
  6. Serve para atender á diversidade de perfís?

Pautas para verificar a calidade do deseño técnico

  1. O seu deseño facilita a comprensión?
  2. Pódese usar múltiples veces?
  3. Pódese usar en diferentes contornas?
  4. Non ten fallos técnicos?
  5. O escenario de aprendizaxe ten unha estrutura?
  6. Pódese navegar por el de forma clara?
  7. Pódese manexar con diferentes dispositivos?
  8. O contido textual e audiovisual é accesible?

Unha lista de verificación para que autoavalíes a calidade do teu REA

  1. Lista de verificación para comprobar a calidade do deseño didáctico.
  2. Lista de verificación para comprobar a calidade do deseño técnico.
  3. Lista de verificación de calidade completa en formato PDF.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)