
- Usa imaxes que axuden a comprender mellor o texto e evita usalas como elemento decorativo.
- As imaxes deben ter unha boa resolución e ser en cor, con fondo liso e ben encadradas. Non poden dividirse entre páxinas.
- Sitúaas ou ben encima do texto ao que acompaña ou á esquerda.
- Se unha imaxe representa un concepto, utiliza sempre a mesma para el. Si é un concepto abstracto, inclúe unha descrición para concretar que pode verse nela.
- O pé de foto debe conter o nome da imaxe e unha descrición ou explicación que siga o resto de pautas que se explican nesta guía.
- Crea un apartado no teu recurso para os créditos das imaxes, no que describas a autoría e a licenza. Non o indiques no pé de foto.

Nesta guía podes ver un exemplo das pautas sobre o uso de imaxes:
- Guía de uso de metro de Madrid en Lectura Fácil, publicada pola Plena Inclusión Madrid.