Toda a información que se proporcione nos diferentes iDevices que se vaian engadindo no transcurso de cada REA deben incorporar, de forma sistemática, botóns de retroalimentación que ofrezan alternativas/complementos en modo Audio, Apoio Visual e/ou Lectura Facilitada.
Ademais, para que as alternativas que se presentan non supoñan unha sobrecarga cognitiva para o alumnado, recoméndase ao profesorado reflexionar sobre aquelas consideracións do DUA que consideren importantes e necesarias, segundo as propias características da área, do REA e a experiencia docente acumulada para anticipar posibles barreiras de alta frecuencia que se adoitan propoñer nos deseños didácticos da área. Desta forma, as alternativas seleccionadas por cada unha das directrices, deberían ofrecerse de forma repetida ao longo do mesmo curso/área dos REA elaborados.