
- Presenta só unha idea en cada oración. Non fagas aclaracións entre comas.
- Procura sempre usar oracións simples, en presente do indicativo e afirmativas (salvo en prohibicións sinxelas).
- Converte as oracións complexas en varias simples e, se non é posible, divídea en varias liñas. Podes usar conxuncións e conectores se son de uso frecuente (e, pero, tamén, ademais).
- Se necesitas usar algunha oración subordinada, utiliza nexos que sexan tamén de uso frecuente.
- No caso de que necesites usar outros tempos verbais (por exemplo en obras literarias), aposta polos simples.
- Evita tamén os condicionais, o modo subxuntivo e a voz pasiva.
- Sempre que che sexa posible, non uses xerundio nunha oración. E se usas o imperativo, asegúrate de que non se confunde coa forma verbal do presente.
- Evita que dous verbos estean seguidos, fóra das perífrases que se forman cos verbos "poder", "querer" e "saber".
- Non uses dobres negacións.
- Diríxete directamente á persoa que le.
- Usa adverbios como marcadores temporais para seguir o fío do discurso.
- Evita as omisións de palabras (mellor non ter que facer inferencias), denominar un mesmo concepto con dúas palabras diferentes e usar os dobres sentidos ou o sentido figurado. Se o fas, aclara o significado.
- Os títulos deben anticipar o contido ao que preceden, pero asegúrate de que nas obras literarias non desvelan a trama.
- Se usas diálogos, redáctaos con estilo teatral.
- Para o uso dunha linguaxe non sexista, terás que utilizar xenéricos que sexan fáciles de entender. Mellor usa a palabra "persoa" diante dos adxectivos e nomes. No caso de ter que usar un desdobre, non o fagas cunha barra. Tampouco con @.

Nesta guía podes ver exemplos sobre redacción e estilo sobre linguaxe non sexista:
- Guía Lectura Fácil e Linguaxe non sexista en Lectura Fácil, publicada pola Plena Inclusión.