A aparencia importa

De eXeLearning ao Repositorio de contidos educativos
Os materiais educativos do noso proxecto elaboraranse coa ferramenta eXeLearning (arquivos ELP) e serán publicados no Repositorio de contidos educativos, onde estarán dispoñibles en diferentes formatos: ELP, HTML, SCORM e PDF.
O obxectivo destas recomendacións é conseguir que os arquivos ELP teñan un peso razoable e que se visualicen correctamente en distintos dispositivos, fixos e móbiles, tanto en pantalla como na súa versión imprimible (PDF). Neste sentido, os REA do proxecto cREAgal non deberán exceder dos 50 MB; de sobrepasar este peso, consultarase coa persoa coordinadora para valorar o seu desenvolemento.
Unha correcta maquetación dun recurso educativo en eXeLearning evitará que os contidos se visualicen con cortes ou barras de desprazamento horizontais ou verticais incómodas.
Ligazóns internas: áncoras, nodos ao .elp
Nas ligazóns internas especificarase na descrición: Accede á páxina - nome da páxina.
Exemplo: 3.5.1. Imaxes, audios e vídeos.
Consideracións para os nos nomes de ficheiro e carpetas con eXeLearning
Non utilizar acentos, símbolos, espazos, “ñ” ou caracteres especiais (non estándar) nos nomes de ficheiros en eXeLearning.
Isto é importante porque o seu uso pode provocar varios tipos de erros ao gardar, exportar ou publicar os recursos:
🚫 Erros ao abrir ou gardar o proxecto (.elp). eXeLearning pode non atopar os ficheiros internos se o nome ten caracteres que o sistema non recoñece (por exemplo, “ñ”, “á”, “%”, “#”…)
❌ Problemas ao exportar como SCORM, HTML ou ePub: os navegadores e servidores web non sempre interpretan igual os caracteres con acento ou especiais nos nomes de ficheiro. Pode dar lugar a ligazóns rotas (erro 404), imaxes que non cargan ou recursos que non se atopan.
⁉️ Incompatibilidades entre sistemas operativos. Un nome válido en Windows pode non ser válido en Linux ou macOS, e viceversa (p. ex. Linux discrimina entre maiúsculas e minúsculas mentres que Windows non o fai).
🛑 Problemas ao empaquetar e subir ao espazoAbalar ou Moodle: os paquetes SCORM ou ZIP poden non descomprimirse correctamente ou non funcionar dentro de Moodle.
Temos detectado algún REA no que ao premer nunha ligazón/documento (PDF, imaxe...) devolve erro 404. Nun servidor web (como o de espazoAbalar ou en Moodle), Titulo.pdf non é o mesmo que titulo.pdf polo que dá erro 404.

