Imaxes
Características
Tamaño
- Con carácter xeral, cando se sitúa unha única imaxe, non se recomenda un tamaño superior a 600 px, sendo o recomendado 560 x 315, estándar de tamaño adoptado por Youtube e Facebook.
- No caso particular de que a imaxe sexa a da portada do REA, o seu tamaño configurarase a 1100 x 440.
Ampliador de imaxe (lightbox)
- Se se require maior tamaño pódese usar o efecto ampliador de imaxe que abre unha xanela flotante onde se pode representar unha imaxe máis grande.
- Seleccionada a imaxe hai que inserir un enlace, no campo REL seleccionar lightbox e como destino a mesma imaxe.
Posicionamento:
- Os elaboradores deberán decidir se queren poñela a todo o ancho, centrada sen texto ao redor ou flotando (esquerda/dereita) con texto ao redor, aínda que se recomenda situar as imaxes centradas, de maneira prioritaria e por defecto, evitando as aliñacións a dereita e esquerda combinadas con texto, posto que este feito dificulta a súa visualización en dispositivos con pantalla pequena.
- Se leva texto ao redor, usar aliñación de propiedades (float).
- Non se recomenda o uso de táboas para inserir imaxes nas páxinas de contidos do REA.
- Para a inclusión dunha única imaxe sen texto ao redor non é necesario usar táboas nin capas. Simplemente inclúese a imaxe, complétanse os datos de accesibilidade e referénciase adecuadamente. Recoméndase que a imaxe estea centrada.
- As imaxes débense subir fisicamente ao REA. É dicir, ningunha imaxe pode estar enlazada a unha URL externa, nin copiada nin pegada directamente dun sitio web ou documento.
- En caso de necesitar situar dúas ou máis imaxes, por temas de accesibilidade, deben usarse os modelos ("Inserir"--> "Modelo").
Lenda
- Dentro do contido só se pode usar Descrición e Título (sae ao pasar o rato por encima), da primeira lapela de propiedades da imaxe (Para lector de pantalla). Non se enche o encabezamento.
Tipos
- png, jpg, svg ou gif.
Calidade
- No caso de fotografías, se é precisa moita calidade pódese descargar maior tamaño, se non 800x450 debería ser suficiente.
- No caso de gráficos vectoriais, o formato .svg sempre ocupa menos espazo que a exportación á formato imaxe.
- Para evitar incrementar innecesariamente o peso dos nosos REA, convén usar ferramentas para optimizalas antes de incorporalas. De non telo feito antes, usaremos a funcionalidade de eXe "Optimizar imaxe".
Ilustracións
- En caso de necesidade, previa valoración con criterio de selección: moi didáctica e que non haxa alternativa, encargarase a súa realización ao noso equipo de ilustración. O equipo de elaboración, ou o soporte técnico deste, solicitarao á coordinación.
Nomenclatura das imaxes
As imaxes de elaboración propia do proxecto cREAGal aloxaranse, unha vez entregada a versión supervisada, no cartafol correspondente do Repositorio de recursos complementarios dos REA.
A codificación do ficheiro que contén a imaxe formarase da seguinte maneira:
“IMX”
3 primeiras letras para a materia (MAT, LEN, ING, PEN...).
1 díxito para o curso (1, 2, 3, …).
3 seguintes letras a etapa (PRI, ESO).
A palabra “REA”.
2 díxitos para o número de REA (01, 02, 03, …).
Título da imaxe en maiúsculas (máximo 12 caracteres e de ser preciso empregar guións, usarase o guión normal).
Versión: "V" + 2 díxitos para o número de Versión (01, 02, 03, …).
Exemplo: IMX_TED_1ESO_REA05_PLACABASE_V01.png
Será unha imaxe de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO, que se atopa no REA 5 e con título Placa base; é a primeira versión.

