
- Usa a mesma orientación para todas as páxinas (horizontal ou vertical, pero sempre a mesma).
- Escribe os textos e palabras en sentido horizontal (nunca en vertical) e nunha única columna.
- Configura o tamaño das marxes para que poidan facerse anotacións neles, para que o texto sexa cómodo de ler e que non presenten problemas ao imprimir.
- Dá unha lonxitude similar a todas as liñas de texto.
- Usa sintagmas completos, non os dividas en diferentes liñas. Tampouco dividas palabras en diferentes liñas.
- Engade a numeración de páxinas co formato "X de E" e cun tamaño maior ao resto do texto. Sitúaa nun lugar destacado e sempre no mesmo.
- Usa elementos de deseño como cor, tamaño e numeracións para os títulos.
- Usa como máximo tres niveis de división para os apartados e subapartados.
- Utiliza bloques de texto e outros marcadores para organizar a información por temas.
- Os bloques de textos deben estar nunha mesma páxina, non os dividas.
- Comeza cada apartado ou subapartado nunha nova páxina.
- No caso de que inclúas contido en Lectura Fácil, anúnciao.

Nesta guía podes ver dous exemplos de cada unha das pautas sobre formato:
- Francisco Fernández del Riego en lectura fácil, publicado pola Biblioteca Pública de Ourense Nós
- Guía Básica do Rexistro da Propiedade en Lectura Fácil, publicada polo Colexio de Rexistradores.