Ferramentas externas autorizadas para o proxecto cREAgal
As ferramentas externas autorizadas para o proxecto cREAgal son:
| Ferramenta | Autorizada Si/Non/Condicionada | Observacións |
|---|---|---|
| eXeLearning | OBRIGATORIA |
Versión 2.9 ou eXe online |
| H5P | Non |
A maioría das actividades interactivas de eXeLearning ofrecen funcionalidades equivalentes ás de a H5P, polo que non se xustifica o seu uso. Uso só en casos moi puntuais e excepcionais de necesidade razoada; comunicarase á persoa coordinadora para validación. |
| GeoGebra | Si |
Aloxamento na conta de cREAgal en GeoGebra |
| Editores de vídeos | Si |
Como ferramentas de referencia para a edición de vídeos recoméndase Openshot e Kdenlive. |
| YouTube | Condicional |
Só contas institucionais nas que vexamos garantida a sostibilidade no tempo da URL. No caso de que a necesidade do vídeo sexa xustificada e pertenza a unha conta persoal ou sospeitemos que puidese deixar de funcionar, nese caso tramítase a autorización para aloxar o vídeo nos servidores da Consellería e inseriríase desde alí. |
| Webs externas | Condicional | O enlace a webs externas non garante que a información estea dualizada, por tanto, atenda á diversidade do alumnado. Hai que valorar non ser profusos nestes enlaces e "traer" de forma dualizada a parte da información que necesitamos desa web aos nosos recursos. |
| Blender | Si | Ferramenta de referencia para a edición de animacións |
| Canva | Non |
Recoméndase o uso de software libre como Impress LibreOffice ou Draw LibreOffice. |
| Genially | Non |
Recoméndase o uso de software libre como Impress LibreOffice ou Draw LibreOffice. |
| Scratch | Si |
cREAgal posúe unha conta que usaremos para aloxar os recursos que elaboremos con Scratch. O recurso elaborado con Scratch ten que ser referenciado na páxina de Créditos do REA como un recurso de elaboración propia, especificando adecuadamente os elementos multimedia de terceiros que contén e as súas licenzas correspondentes. Aos recursos finais marcarémoslle a opción de seren compartidos. |
| App Inventor | Si |
cREAgal posúe unha conta que usaremos para aloxar os recursos que elaboremos con MIT App Inventor. O recurso elaborado con MIT App Inventor ten que ser referenciado na páxina de Créditos do REA como un recurso de elaboración propia, especificando adecuadamente os elementos multimedia de terceiros que contén e as súas licenzas correspondentes. Aos produtos finais marcarémoslle a opción de seren compartidos. |
| Musescore | Si |
cREAgal posúe unha conta que usaremos para aloxar os produtos que elaboremos con Musescore. O produto elaborado con Musescore ten que ser referenciado na páxina de Créditos do REA como un produto de elaboración propia, especificando adecuadamente os elementos multimedia de terceiros que contén e as súas licenzas correspondentes. Aos produtos finais marcarémoslle a opción de seren compartidos. |
| Markdown-map |
Si |
Xerador de mapas mentais: sen rexistro, sen limitacións de uso, descarga en SVG e PNG, O texto fonte do esquema pode engadirse no REA. |
| XnConvert | XnConvert é un programa gratuíto (para uso particular ou educativo) e multiplataforma para converter e procesar imaxes en lote, é dicir, permite aplicar cambios a moitas imaxes á vez de maneira automática, como, por exemplo redimensionalas. |
|
| Extensións navegador |
Si |
|
| Zotero | Si |
Zotero é un xestor de referencias bibliográficas multiplataforma, libre, aberto e gratuíto. Tamén é aplicable a elementos multimedia. Zotero componse dunha aplicación de escritorio, dispoñible para Mac, Windows e Linux, que permite xestionar as nosas referencias, e dun conector para os navegadores Chorme, Firefox e Safari, que detecta e captura automaticamente todo tipo de información bibliográfica na web. Esta infoguía da Biblioteca Universitaria a UDC describe o uso desta ferramenta. |
| LibreOffice |
Si |
LibreOffice, suite libre potente para produtividade persoal de código aberto para Windows, Mac e Linux, con 6 aplicacións con funcionalidades para todas as necesidades de produción de documentos e procesamento de datos: Writer, Calc, Impress, Draw, Base e Math. Dispón de paquete de idioma específico para o galego, para poder comprobar a ortografía ao escribir. Resaltar que conta con ferramentas para comprobación de accesibilidade dos contidos que estamos a crear: Ferramentas ›› Comprobación de accesibilidade. LibreOffice tamén ten dispoñible integración de Zotero. |
| Calquera outro software libre que xere recursos que se poidan compartir con licenzas compatibles con CC BY-NC-SA | Si |
Ver apartado: Creación de información multimedia desta guía. |
(*) Táboa accesible, inserida coa opción Inserir → Modelo → Táboa con encabezamentos nas columnas.