Fórmulas matemáticas en eXeLearning e accesibilidade con MathJax
MathJax online será o utilizado para a construción das fórmulas e expresións matemáticas que sexan necesarias durante a elaboración dos REA.
Luís Miguel Iglesias realizou unha guía para o uso desta ferramenta. Baseado no seu traballo, en cREAgal elaborouse documentación para o emprego de MathJax nos REA do proxecto.
Neste documento explícase como engadir MathJax aos nosos documentos e como utilizalo para ampliar o uso das fórmulas matemáticas a calquera ámbito de eXe, aproveitando ao máximo todo o potencial que ten este motor de visualización de fórmulas e co cal apenas temos límites á hora de crear os nosos materiais, sobre todo no ámbito científico."
Os lectores de pantalla non len as fórmulas elaboradas por MathJax. Con todo, eXeLearning ofrece a posibilidade dunha versión imprimible final do REA que se incorporará á sección Material descargable, onde o alumnado terá dispoñible todas estas fórmulas noutra versión máis accesible.