
Os elementos que compoñen o REA son xeradores de aprendizaxe.
- Fai que o teu REA esperte a curiosidade do teu alumnado e ademais que sexa capaz de situalo fronte á súa aprendizaxe. Para iso, podes comezar propoñendo unha actividade de evocación e continuar activando os coñecementos previos.
- Informa do valor do REA, da súa utilidade e do nivel de implicación que supón para o alumnado.
- Inclúe unha guía sobre como usalo e unha descrición da secuencia.
- Deseña a secuencia e os recursos necesarios para o seu desenvolvemento.
- Inclúe actividades/tarefas prácticas para a adquisición e o desenvolvemento das competencias clave, para a creación, para a cooperación e para a monitorización e toma de decisións sobre a propia aprendizaxe.
- Non esquezas ofrecer recursos de axuda e apoio.
- Incorpora un apartado con recursos para seguir aprendendo sobre o tema.
- Inclúe unha ficha técnica na que se indiquen os datos básicos do REA e unha guía didáctica para docentes para explicar como explotar o recurso (na que podes incluír, entre outros apartados, bibliografía de referencia e a descarga do arquivo editable). A guía docente estará nun REA complementario.
- Reflicte a autoría e a licenza de uso.