Saltar navegación

1. Guía para o deseño

Por que é importante?

logo creagal

Usar un estilo común permítenos...

1. Homoxeneizar o aspecto visual e o estilo lingüístico.

2. Ofrecer identidade a todos os materiais.

3. Ofrecer un deseño acorde aos principios pedagóxicos e obxectivos do proxecto.

Isto repercute no produto final que se ofrece ao alumnado, xa que facilita a comprensión da información, o seu uso e navegabilidade.

O estilo cREAgal para eXeLearning

O estilo cREAgal

Aspecto visual do estilo cREAgal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP

Portada da guía cREAgal
Elaboración propia (proxecto cREAgal). Captura de pantalla de exemplo de REA con estilo cREAgal (CC BY-NC-SA)
  • estilo cREAgal foi deseñado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa.
  • Nace co propósito de apoiar ao profesorado de Galicia na creación de REA.
  • Permite:
    • homoxeneizar os recursos creados con eXeLearning
    • facilitar que o alumnado progrese na súa aprendizaxe mantendo un deseño atractivo, accesible e común
    • achegar recursos ao repositorio de contidos educativos.

Características principais do estilo

Ejemplo iconoEjemplo iconoejemplo icono 1Ejemplo iconoEjemplo iconoEjemplo icono

  • Nace coa vocación e o propósito de ser accesible e universal, inspirado no Deseño Universal para a Aprendizaxe e a Lectura Fácil.
  • Emprego dunha base pictográfica común.
  • Estilo moderno: os bordos dos flag icon enmarcados por unha forma xeométrica son redondeados.
  • Alto contraste: fondo de cor con liñas de pictograma en azul escuro.
  • Versión específica para os REA do proxecto cREAgal que desenvolven situacións de aprendizaxe, estruturadas en fases.
  • Preme para descargar o estilo cREAgal e o estilo cREAgal con fases.

Iconografía das fases

Os REA do proxecto cREAgal parten das programacións modelo contidas en PROENS e desenvolven situacións de aprendizaxe estruturadas en fases, as cales son identificadas coa iconografía propia do estilo cREAgal. De modo predefinido no estilo, asígnase unha icona que identifica numericamente a fase a que corresponde cada páxina do REA.

Descrición Exploración Conexións Reto final Conclusión
Icona para a fase 1 das situacións de aprendizaxe cREAgal Icona para a fase 2 das situacións de aprendizaxe cREAgal Icona para a fase 3 das situacións de aprendizaxe cREAgal Icona para a fase 4 das situacións de aprendizaxe cREAgal Icona para a fase 5 das situacións de aprendizaxe cREAgal
 Así a todo, tamén se distribúe o estilo cREAgal sen fases para aqueles REA que non seguen esta estrutura.

Fontes

  • Tamaño da fonte 13px/1.1em.
  • Fonte elexida é Atkinson hyperlegible, creada polo Instituto Braille que posúe unha maior lexibilidade para lectores de baixa visión.
  • O espazo entre liñas é 1.5.
  • O contraste fondo-fonte validou ou nivel AA dá WCAG.
  • A aliñación por defecto é a esquerda.
  • Caracteres de idiomas como grego, árabe, chinés e ruso visualízanse correctamente.

Cores do texto

  • Branco: #ffffff RGB: 255/255/255
  • Azul: #002b4a RGB: 0/43/74
  • Azul Institucional: #007bc4 RGB 0/123/196

Modelos de documentación

Modelo de documento de texto



Modelo presentación






Que é eXeLearning? Primeiros pasos

Logo eXelearning

ExeLearning é unha ferramenta de código aberto que permite crear REA. É libre e aberto e con el podes crear contidos educativos dunha maneira sinxela.

1. Descarga e instala a última versión de eXeLearning (eLearning XHTML editor).

https://exelearning.net/descargas/

2. Consulta e segue de xeito autónomo o curso de eXeLearning para o proxecto cREAgal

https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/course/view.php?id=70

4. Ou accede ao manual eXeLearning. Titorial para comezar a crear contidos desde cero.

https://descargas.intef.es/cedec/exe_learning/Manuales/manual_exe29/index.html

5. Visita a web de eXeLearning para ampliar información:

https://exelearning.net/

Feito con eXeLearning (Nova xanela)