![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Descúbrea
Arela

- Arela significa desexo intenso ou aspiración fonda por algo. É un termo poético e moi expresivo que adoita empregarse para transmitir unha vontade ou anhelo profundo, tanto no plano emocional como espiritual.
- Misión: desenvolver a capacidade de afrontar retos complexos, aprender a relaxarse en situacións de nerviosismo e crer nas propias habilidades para acadar o que un se propoña.
Bado

- Bado alude ao interese e dedicación que alguén amosa cara a unha actividade, proxecto ou tarefa, poñendo a súa atención e esforzo co obxectivo de lograr un bo resultado.
- Misión: despertar o interese, activar as ideas previas e conectalas coas novas que aprendas.
Cheda

- Cheda, en sentido figurado, enténdese como "axuda". Neste contexto, utilízase en expresións como "dar cheda", que significa "prestar axuda" ou "colaborar", por exemplo: Varios veciños foron darlles cheda para carrexar a pedra da casa.
- Misión: axudar a pensar como estamos aprendendo, ensinar a facelo aínda mellor, recoñecer cando precisamos axuda e ter éxito na tarefa.
Luzada

- Luzada, a luz que desprende un corpo; neste contexto figurado, pode ser usada para describir un escintileo de inspiración ou unha idea repentina.
- Misión: facilitar a comprensión do que cómpre facer, que pasos seguir, canto tempo ou esforzo pode supoñer, como nos podemos organizar e ofrecer axudas para facer todo isto.
Onde se presentan os personaxes
Os procesos de activación de coñecementos previos apóianse na evocación colectiva para reconstruír estes coñecementos, apoiando deste xeito a aquelas persoas que teñan dificultades para activalos ou que presenten lagoas informativas. O personaxe Bado, toma un papel activo para outorgar recursos que conecten cos intereses e coñecementos previos do alumnado, presentándoos de maneira opcional para aqueles discentes que requiran máis apoio.
O apoio á posta en práctica de habilidades derivadas das funcións executivas, como a planificación, o control do tempo, a inhibición, a capacidade de adaptación ou o monitoreo, desenvolvéronse baixo as orientacións do personaxe Cheda. Estas axudas opcionais guiarán ao alumnado nos procesos de internalización da súa aprendizaxe e o establecemento das súas propias estratexias de planificación, xestión e habilidades para aprender.
A retroalimentación positiva e dirixida cara á consecución da tarefa con éxito é suxerida durante o desenvolvemento das fases deste REA por personaxes como Luzada. Con todo, este aspecto debe verse reforzado de maneira activa por cada docente na aula, ofrecendo ao alumnado unha guía que lles axude a modelar o seu propio establecemento de metas, monitorear as súas producións e auto-reflexionar sobre o establecemento adecuado dos seus obxectivos de aprendizaxe.
E, por último, a xestión emocional derivada das esixencias da tarefa serán apoiadas e acompañadas por Arela.
Os personaxes Arela, Bado, Luzada e Cheda, con todo, sempre serán inseridos a través do seu botón correspondente e non poderán flotar no texto debido a que se consideran axudas opcionais a elixir por parte do alumnado.