
- Escribe a primeira letra dunha palabra maiúscula ao principio dunha oración, despois dun punto e cando vaias escribir un nome.
- Non a uses para escribir palabras nin oracións completas, só se son siglas.
- Emprega o punto e aparte para separar ideas, aínda que vaian enlazadas. Evita usar as comas, o punto e coma e o punto e seguido.
- Usa comas só nas enumeracións de até tres elementos. Usa unha lista con guións nas enumeracións de máis de tres elementos.
- Podes usar os dous puntos en listas que sexan de máis de tres elementos. Evita o seu uso en calquera outro caso.
- Usa o punto e seguido só nalgúns textos literarios e con oracións curtas.
- Mellor non empregar signos do tipo / - () ... “"
- No caso de ter que usar as comiñas para unha cita textual, debes acompañala dunha explicación. Transforma o estilo directo en indirecto para non ter que usalas noutras oracións.
- Se necesitas usar "etcétera", substitúea por "e moitas máis" ou algunha expresión similar.
- Números con poucos díxitos: escríbeos en cifras.
- Números con moitos díxitos: redondea e escribe con números e letras.
- Non uses números ordinais. Mellor cardinais.
- No caso de ter que usar algún número romano, indica como se le.
- No caso de usar fraccións ou porcentaxes, explica que significan.
- Horas: usa o formato 12 horas, mellor que o de 24.
- Datas: escribe a data en formato longo. O día con número, o mes con letra e o ano con número. Non escribas datas con guións nin barras.
- Inclúe o nome do día da semana só cando faga referencia a unha información importante.
- Se necesitas escribir un número de teléfono, sepárao por bloques de dous ou tres díxitos.

Nesta guía podes ver exemplos sobre as pautas de ortografía e uso de números:
- Estrategia de vacunación contra el COVID-19 en Lectura Fácil, publicada pola Plena Inclusión España.