- Criterios de avaliación
- Expresar verbalmente, de xeito razoado, o proceso seguido na resolución dun problema.
- Utilizar procesos de razoamento e estratexias de resolución de problemas, realizando os cálculos necesarios e comprobando as solucións obtidas.
- Elaborar un informe científico escrito que sirva para comunicar as ideas matemáticas xurdidas na resolución dun problema, coa precisión e o rigor adecuados.
- Planificar adecuadamente o proceso de investigación, tendo en conta o contexto en que se desenvolve e o problema de investigación formulado.
- Practicar estratexias para a xeración de investigacións matemáticas, a partir da resolución dun problema e o afondamento posterior, da xeneralización de propiedades e leis matemáticas, e do afondamento nalgún momento da historia das matemáticas, concretando todo iso en estatísticos ou probabilísticos.
- Desenvolver procesos de matematización en contextos da realidade cotiá (estatísticos ou probabilísticos) a partir da identificación de problemas en situacións problemáticas da realidade.
- Valorar a modelización matemática como un recurso para resolver problemas da realidade cotiá, avaliando a eficacia e as limitacións dos modelos utilizados ou construídos.
- Desenvolver e cultivar as actitudes persoais inherentes ao quefacer matemático.
- Superar bloqueos e inseguridades ante a resolución de situacións descoñecidas.
- Reflexionar sobre as decisións tomadas, valorando a súa eficacia, e aprender diso para situacións similares futuras.
- Empregar as ferramentas tecnolóxicas adecuadas, de xeito autónomo, realizando cálculos estatísticos, analizando con sentido crítico situacións diversas que axuden á comprensión ou á resolución de problemas.
- Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación de maneira habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionando información salientable en internet ou noutras fontes, elaborando documentos propios, facendo exposicións e argumentacións destes e compartíndoos en ámbitos apropiados para facilitar a interacción
- Instrumentos de avaliación
- Proba obxectiva de resolución de exercicios (presenciais ou telemáticos a través da aula virtual ou, se é necesario, por videoconferencia en Webex).
- Foros de debate.
- Documentos colaborativos.
- Tipos de avaliación
- Avaliación formativa
- Avaliación por pares: os alumnos avaliarán os exercicios realizados por cada un dos seus compañeiros.
- Autoavaliación: o alumno avaliará o seu desempeño nas tarefas realizadas.
- Deseño de instrución: o profesor avaliará a eficacia de cada un dos pasos do deseño de aprendizaxe, adaptándoos segundo corresponda.
- Avaliación sumativa
- Resultados da proba obxectiva para resolver exercicios.
- Resultados da avaliación por pares.
- Grao de participación do alumnado nas actividades propostas.
- Avaliación formativa