Ordinaria 2022 Matemáticas Aplicadas II
Un estudo revela que o 70% das persoas dunha poboación segue a serie de televisión A, o 60% segue a serie B e o 30% solo segue a serie A.
a) Que porcentaxe da poboación segue as dúas series?
b) Se eliximos unha persoa ao chou, cal é a probabilidade de que siga algunha das dúas series?
c) Se eliximos ao chou unha persoa que segue a serie A, cal é a probabilidade de que siga tamén a serie B?
Extraordinaria 2022 Matemáticas Aplicadas II
Un estudo revela que o 70% das persoas dunha poboación segue a serie de televisión A, o 60% segue a serie B e o 30% solo segue a serie A.
a) Que porcentaxe da poboación segue as dúas series?
b) Se eliximos unha persoa ao chou, cal é a probabilidade de que siga algunha das dúas series?
c) Se eliximos ao chou unha persoa que segue a serie A, cal é a probabilidade de que siga tamén a serie B?
Ordinaria 2022 Matemáticas II
Exercicio 1
a) Se 𝑃(𝐴∪𝐵) = e 𝑃(𝐵) = , calcule 𝑃(𝐴) sabendo que 𝐴 e 𝐵 son sucesos incompatibles. Canto valería 𝑃(𝐴) se supuxésemos que 𝐴 e 𝐵 son, en lugar de incompatibles, independentes?
b) Nunha certa cidade, o 21% das persoas len ciencia ficción, o 63% len novela negra, e o 17% len tanto ciencia ficción como novela negra. Se se elixe ao azar unha persoa desa cidade, calcule:
- A probabilidade de que lea novela negra sabendo que le ciencia ficción.
- A probabilidade de que non lea nin ciencia ficción nin novela negra
Solución


SOLUCIÓN ALTERNATIVA al apartado b)
Exercicio 2
a) Calcule o valor de 𝑃(−2 ≤ 𝑋 ≤ 7) se 𝑋 segue unha distribución normal de media 1 e desviación típica 3.
b) Calcule o valor de 𝛼 que fai que 𝑃(𝜇 − 𝛼 ≤ 𝑋 ≤ 𝜇 + 𝛼) = 0.8064 se 𝑋 segue unha distribución normal de media 𝜇 e desviación típica 4.
Extraordinaria 2022 Matemáticas II
Exercicio 1
a) Nunha famosa biblioteca, o 70% dos libros son novelas, o 40% son clásicos anteriores ao século XIX e o 60% dos clásicos son novelas. Se se elixe nesa biblioteca un libro ao azar, calcule a probabilidade de que non sexa unha novela, pero si un clásico, e a probabilidade de que sexa un clásico sabendo que é unha novela.
b) Nun certo país, o 80% dos delitos contra a propiedade quedan sen resolver. Se nunha localidade dese país se cometeron 3 deses delitos, calcule a probabilidade de que se resolva polo menos 1.
Solución
.png)
SOLUCIÓN ALTERNATIVA
Exercicio 2
a) Faise un exame tipo test con 60 preguntas e 4 opcións por pregunta, das que só unha é correcta. Calcule a probabilidade de acertar polo menos 16 preguntas se se responden as 60 ao azar.
b) Se 𝑋 segue unha distribución normal de media 25 e desviación típica 2, calcule 𝑃(𝑋 < 24). Logo, calcule o valor de 𝛼 > 0 tal que 𝑃(25 − 𝛼 < 𝑋 < 25 + 𝛼) = 0.2128.


