
Os parámetros dunha distribución de probabilidade discreta son valores que resumen certas características da distribución.
Os dous parámetros máis comúns son a media e a varianza.
- Esperanza matemática, media ou valor esperado
A esperanza matemática, tamén coñecida como a media ou valor esperado dunha variable aleatoria discreta, é a media ponderada dos posibles valores que pode tomar a variable aleatoria, onde cada valor é ponderado pola súa probabilidade
Calcúlase como a suma dos produtos dos posibles valores da variable polas súas probabilidades correspondentes:
- Exemplo
-
Para o lanzamento dun dado, a esperanza sería:
- Varianza
A varianza é unha medida da dispersión dos valores que pode tomar a variable aleatoria respecto a súa media. Indica canto se esperaría que varíen os resultados.
Calcúlase como a suma dos produtos do cadrado da diferenza entre cada valor e a media pola súa probabilidade correspondente:
A raíz cadrada da varianza denomínase desviación típica.- Exemplo
-
Para o dado, a varianza sería:
Calculando, obtemos que .
Exemplo práctico
Lanzamos dous dados e sumamos os resultados. A variable aleatoria representa a suma dos dous dados. Os posibles valores de son , e a súa distribución de probabilidade non é uniforme. Por exemplo, hai só unha forma de obter un 2 (cando ambos dados mostran un 1), pero hai seis formas de obter un 7.
A función de probabilidade para non é igual para todos os valores. Por exemplo, , mentres que .
Para calcular a esperanza de , sumamos os produtos dos posibles valores e as súas probabilidades correspondentes:
A varianza tamén se calcula tendo en conta a probabilidade de cada valor de .
Por último calculamos a desviación típica.
Mentres que a varianza exprésase en unidades ao cadrado (por exemplo, metros cadrados, segundos cadrados etc.), a desviación típica ten as mesmas unidades que a variable orixinal. Isto facilita a interpretación da dispersión dos datos en termos das unidades orixinais.