Ordinaria 2021 Matemáticas Aplicadas II
O 40% das persoas que visitan o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago son españolas. Sábese ademais que 4 de cada 5 españoles están satisfeitos coa visita, mentres que, entre os non españois, non están satisfeitos coa visita o 10%.
a) Calcule a porcentaxe de persoas satisfeitas coa visita.
b) Cal é a probabilidade de que unha persoa este satisfeita coa visita e non sexa española?
c) ¿Son independentes os sucesos “non ser español” y “estar satisfeito ca visita”? Razoe a resposta.
Extraordinaria 2021 Matemáticas Aplicadas II

Ordinaria 2021 Matemáticas II
Exercicio 1
a) Sexan 𝐴 e 𝐵 dous sucesos dun mesmo espazo mostral. Calcule 𝑃(𝐴) sabendo que 𝑃(𝐵) = 2𝑃(𝐴), 𝑃(𝐴∩𝐵) = 0.1 e 𝑃(𝐴∪𝐵) = 0.8.
b) Diga se os sucesos 𝐴 e 𝐵 son ou non independentes, se se sabe que 𝑃(𝐴) = 0.6, 𝑃(𝐵) = 0.3 e 𝑃(𝐴̅∪𝐵) = 0.82.
Exercicio 2
O portador dunha certa enfermidade ten un 10% de probabilidades de contaxiala a quen non estivo exposto a ela. Se entra en contacto con 8 persoas que non estiveron expostas, calcule:
a) A probabilidade de que contaxie a un máximo de 2 persoas.
b) A probabilidade de que contaxie a 2 persoas polo menos.
Extraordinaria 2021 Matemáticas II
Exercicio 1
Nunha determinada cidade, o 8% da poboación practica ioga, o 20% ten mascota e o 3% practica ioga e ten mascota. Se nesa cidade se elixe unha persoa ao azar, calcule:
a) A probabilidade de que non practique ioga e á vez teña mascota.
b) A probabilidade de que teña mascota sabendo que practica ioga.
Exercicio 2
O grosor das pranchas de aceiro que se producen nunha certa fábrica segue unha distribución normal de media 8 mm e desviación típica 0.5 mm. Calcule a probabilidade de que unha prancha elixida ao azar teña un grosor comprendido entre 7.6 mm e 8.2 mm.