Organizando os nosos materiais
Antes de penetrarnos na creación dun REA, convén deternos nunha ferramenta fundamental para traballar de forma ordenada en eXeLearning: o xestor de arquivos.
Ao longo do proceso de creación dun recurso, iremos incorporando distintos materiais: imaxes, documentos, audios, vídeos ou outros arquivos que axudarán a enriquecer o contido. Para que todos estes elementos estean ben organizados e poidamos reutilizalos facilmente cando os necesitemos, eXeLearning conta cun espazo específico desde o que podemos administralos de maneira centralizada.
Desde o xestor de arquivos podemos:
- subir novos materiais
- crear cartafoles
- ordenar os arquivos
- renombrarlos
- eliminalos
- inserilos posteriormente nos iDevices que esteamos a editar
Isto permítenos manter o proxecto estruturado e evita que os recursos queden dispersos ou sexan difíciles de localizar a medida que o REA vai crecendo.
NOTA: é importante saber que cando borramos un iDevice, caixa ou páxina, os materiais inseridos previamente permanecen no xestor de arquivos. Para saber si hai elementos no xestor de arquivos que non están no recurso, podemos facer clic en "Mostrar referencias" e eliminar, no seu caso, os que teñan 0 referencias.