Unha vez que terminamos o noso material de eXeLearning, quédanos o momento máis satisfactorio, dar a coñecer o noso proxecto aos demais. Para iso, temos varias opcións, en función de como queiramos compartir o noso material.
Lembremos que o recurso que creamos gárdase coa extensión .elpx (eXeLearning Project), unha extensión que só é válida para traballar con esta aplicación. Para que os contidos xerados poidan ser visualizados por outros usuarios sen necesidade de utilizar a aplicación, eXeLearning permite exportar os proxectos a distintos formatos. Imos ver cales son e cal debemos elixir en cada caso.