Vimos como crear un recurso básico con eXeLearning, creando unha estrutura e incluíndo textos, enlaces, imaxes, materiais embebidos... Con todo, eXe permítenos engadir outro tipo de elementos que enriquecen o recurso, favorecendo un formato máis atractivo e interactivo.
eXeLearning incorpora numerosas funcionalidades que nos axudan a mellorar a presentación, organización e interacción dos contidos. Grazas a elas, podemos deseñar recursos máis atractivos e dinámicos, adaptados a distintos contextos educativos e diferentes formas de aprendizaxe.
A continuación, veremos distintas formas de incorporar estas funcionalidades avanzadas en eXeLearning:
- Desde o editor de textos. Ademais das opcións habituais de edición, o editor permite engadir efectos, inserir código, incorporar mapas mentais, traballar con imaxes, medios, táboas, fórmulas e outros elementos que enriquecen o contido.
- Mediante outros iDevices. Aínda que até agora nos centramos no iDevice Texto, eXeLearning ofrece unha gran variedade de iDevices para crear contidos, actividades, xogos, avaliacións e recursos interactivos de distinto tipo.
- Desde Propiedades. Ademais de completar os metadatos do recurso, desde este apartado podemos configurar opcións relacionadas coa exportación e activar funcionalidades que poden mellorar a navegación, a accesibilidade ou a reutilización do material.
- Desde o menú Utilidades. Este menú reúne ferramentas que non forman parte directa da edición do contido, pero que nos axudan a xestionalo e revisalo: procura interna, informe de recursos, validación de enlaces, xestor de arquivos ou optimización de imaxes, entre outras.