Descargar o arquivo fonte
| Título | Guía de creación de REA con eXeLearning (2026) |
|---|---|
| Descrición | Esta guía ofrece un percorrido práctico e progresivo para comprender que son os Recursos Educativos Abertos e aprender a crealos con eXeLearning. Ao longo dos seus módulos abórdanse, por unha banda, os fundamentos dos REA: os principios que os definen, as licenzas abertas, a accesibilidade, a calidade, a metodoloxía e a avaliación. Por outro, explícase o uso de eXeLearning como ferramenta de creación, desde o deseño de recursos sinxelos até a elaboración de materiais máis completos e enriquecidos. A guía mostra como crear, estruturar, revisar, exportar e publicar recursos educativos, incorporando distintas posibilidades de uso e difusión para facilitar a súa reutilización, adaptación e mellora. O recurso combina explicacións, exemplos, actividades prácticas e exercicios de autoevaluación, co obxectivo de acompañar ao profesorado desde os primeiros pasos até un uso máis avanzado da ferramenta. |
| Autoría | |
| Licenza | Creative Commons BY-SA 4.0 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
Referencias
Os textos e materiais desta guía están baseados en:
- Guía de creación de REA con eXeLearning de Cedec
- Manual tutorial de eXeLearning publicado na web de eXeLearning.net
- Materiais formativos e artigos de Cedec
- Guía práctica de licenzas de uso para docentes de Cedec
- Guía de creación de REA para o proxecto EDIA (2023) de Cedec
- Orientacións metodolóxicas para a elaboración de experiencias de aprendizaxe de Cedec
Información sobre licenza e uso
Este recurso educativo aberto ten licencia CC BY-SA, polo pódese utilizar, descargar, modificar e adaptar libremente, sempre que se recoñeza a autoría do mesmo e, en caso de modificalo e publicar unha nova versión, licénciese coa mesma licencia CC BY-SA.
Para recoñecer a autoría en caso de modificación do recurso pódese utilizar o seguinte texto:
Este material é un recurso orixinal "Guía de creación de REA con eXeLearning (2026)" do Proxecto EDIA de Cedec.