Podemos subir os contidos creados con eXeLearning a unha plataforma Moodle en diferentes formatos, como Sitio web, SCORM ou IMS Content Package. Ademais, se a plataforma Moodle ten instalados os plugins eXeScorm e/ou eXeWeb, é posible crear e editar contidos directamente desde o LMS, sen necesidade de saír da plataforma.
En calquera dos dous casos, debemos ter claro en que formato imos presentar os materiais en Moodle: SCORM, IMS ou Sitio web.
- SCORM: Se queremos gardar as notas dos iDevices que ten devandita opción e facer seguimento das páxinas vistas polo alumnado. Por agora expórtase unicamente en SCORM1.2 posto que Moodle non dá soporte a SCORM2004 actualmente.
- IMS: Se só queremos mostrar os contidos pero queremos que ese paquete manteña os seus metadatos ao subilo a Moodle.
- Sitio web: Se só queremos mostrar os contidos e non necesitamos metadatos. Esta é a opción máis recomendable si non usamos os iDevices nomeados anteriormente, posto que ofrece unha visualización máis atractiva como podemos ver a continuación.
Para xerar estes formatos, iremos a Arquivo > Exportar (ou Arquivo > Descargar, no caso de eXe Cloud) e seleccionar a exportación correspondente.
Publicar en Moodle
Moodle ofrécenos varias posibilidades para utilizar recursos creados con eXeLearning dentro dun curso. Podemos traballar de dúas formas principais:
- Crear o recurso en eXeLearning, exportalo e subilo despois a Moodle (como SCORM ou como Sitio web)
- Crear (ou cargar) e editar o contido directamente desde Moodle utilizando os plugins de eXeLearning
Imos ver ambas as opcións con maior profundidade.
Publicar contidos creados con eXe en Moodle
Neste caso, imos subir a Moodle un contido creado previamente en eXeLearning e exportado como SCORM1.2, IMS ou sitio web.
Publicación como SCORM
PASOS:
- Engadimos unha actividade "Paquete SCORM".
- Enchemos os datos e subimos o noso paquete SCORM.
- Gardamos.
- Para visualizalo, facemos clic no título da actividade e logo no botón de Entrar. Moodle utilizará o seu propio visor de SCORM para mostrar o recurso, polo que o aspecto pode diferir respecto de como se vía orixinalmente en eXeLearning.
Publicación como IMS
PASOS:
- Engadimos un recurso "Paquete de contido IMS".
- Enchemos os datos e subimos o noso arquivo IMS.
- Gardamos.
- Para visualizalo, facemos clic no título do recurso. Moodle utilizará o seu propio visor de IMS para mostrar o recurso, polo que o aspecto pode diferir respecto de como se vía orixinalmente en eXeLearning.
Publicación como Sitio web
PASOS:
- Engadimos un recurso "Arquivo".
- Enchemos os datos e subimos o noso arquivo Sitio web (.zip).
- Facemos clic no arquivo subido. Na xanela que aparece, facemos clic en Descomprimir. Aparecerán unha serie de arquivos e cartafoles.
- Facemos clic no arquivo index.html e, na xanela que aparece, hacemso clic en Configurar como arquivo principal.
- Gardamos.
- Para visualizalo, facemos clic no título do recurso. Neste caso, veremos todo o contido co menú e o estilo definido en eXeLearning.
Crear e/ou publicar en Moodle con plugins de eXe
Os plugins de eXe para Moodle facilitan a creación, modificación e publicación de contidos desde o propio LMS. O código destes dous plugins (un para contidos SCORM e outro para contidos en formato Sitio web) está publicado no repositorio oficial de Github.
O funcionamento é moi sinxelo.
Para crear un contido con eXeLearning desde Moodle, entraremos nun curso dentro da nosa plataforma e seguiremos os seguintes pasos:
Paso 1
Engadimos unha actividade de tipo “eXeLearning (SCORM)” ou "eXeLearning (Sitio web)".
Paso 2
Escribimos un título e deixamos seleccionada a opción “Crear con eXeLearning”. Se o necesitamos, podemos editar as opcións de configuración (aparencia, cualificacións…). Ao facer clic en “Gardar e mostrar” abrirase eXe online e poderemos crear o noso material.
Unha vez terminemos de editar o material, faremos clic no botón Finalizar (situado arriba á dereita) e terémolo dispoñible no noso curso.
Paso 3
Se necesitamos modificar ou continuar coa edición, entraremos no recurso e faremos clic no botón “Editar con eXeLearning”.
Paso 4
Tamén temos a posibilidade de publicar e modificar o paquete creado con eXeLearning en lugar de crealo desde cero. Para iso, unha vez seleccionada a actividade “eXeLearning (SCORM)” ou eXeLearning (sitio web)" elixiremos a opción de “Paquete subido” no campo “Paquete”.