A Avaliación Formativa
Podemos definir a avaliación como o conxunto de actividades programadas para recoller información sobre a que profesorado e alumnado reflexionan e toman decisións para mellorar as súas estratexias de ensino e aprendizaxe. Avaliar é máis que cualificar. Unha avaliación formativa céntrase na compresión do funcionamento cognitivo do estudante fronte ás tarefas que se lle propoñen: busca comprender por que un alumno non sabe facer unha tarefa e axúdalle a identificar os seus erros.
Segundo Cristóbal Cobo, a avaliación é a innovación pendente xa que, aínda que vivimos nun momento de efervescencia e cambios metodolóxicos, estas novas prácticas deben levar un cambio profundo na maneira de avaliar.
Que, como, cando e quen avalía
A avaliación é unha parte esencial do proceso de aprendizaxe, xa que permite recoller evidencias sobre o progreso do alumnado e mellorar o ensino. Esta infografía mostra de forma visual que se avalía, como se avalía, cando se realiza a avaliación e quen participa nela, destacando diferentes instrumentos, momentos e axentes implicados nunha avaliación integral e formativa.
Instrumentos e procedementos
Segundo a lexislación vixente, e en consonancia cos principios anteriormente expostos, a nosa forma de avaliar debe ser variada, sendo incoherente elixir só un procedemento de avaliación.
- Procedementos de avaliación
-
Os procedementos responden a como leva a cabo a recollida de información. Unha clasificación tradicional pode ser por medio de: a observación na aula (observancia de interaccións na aula por exemplo); o análise das producións dos alumnos (traballos, tarefas, produtos...); os intercambios orais (por exemplo exposicións orais), as probas específicas e cuestionarios (exames, tipo tets...); e a autoevaluación e coevaluación (procedementos para avaliar a propia aprendizaxe e para avaliar a aprendizaxe dos compañeiros).
- Instrumentos de avaliación
-
Os instrumentos responden os documentos ou rexistros utilizados para recoller a información. Dunha maneira xeral, podemos distinguir:
1. Instrumentos asociados á observación: as listas de control ou as escalas de observación.
2. Instrumentos asociados á análise de producións do alumnado: as rúbricas de avaliación, o portafolio, os textos escritos e producións de todo tipo, a resolución de exercicios e problemas...
3. Instrumentos asociados aos intercambios orais: a asemblea, as exposicións e postas en común, as entrevistas...
4. Instrumentos asociados ás probas específicas e cuestionarios: exames e probas.
5. Instrumentos asociados á autoevaluación e coevaluación: o diario de aprendizaxe, a diana de avaliación ou a escala de metacognición.
O porfolio, a rúbrica de avaliación, a diana e o diario de aprendizaxe destácanse debido a que arroxan información moi importante sobre o proceso de aprendizaxe, facilitando a retroalimentación e por tanto unha avaliación verdadeiramente formativa, sen menoscabo doutros instrumentos que tamén son importantes como poden ser as probas obxectivas.
Podemos atopar exemplos de rúbricas, persoais e documentos de avaliación no Banco de rúbricas e outros documentos de Cedec.
No seguinte vídeo atopamos unha breve descrición dos instrumentos de avaliación: