A mellora educativa non depende unicamente da tecnoloxía nin da calidade dos materiais, senón dos fins educativos, a metodoloxía e a didáctica que orientan o seu uso. Na práctica educativa, a comunicación, a interacción e as relacións que se xeran na aula son elementos esenciais para dar sentido á aprendizaxe.
Por iso, unha ferramenta como eXeLearning só cobra verdadeiro valor cando se utiliza ao servizo dunha proposta pedagóxica clara. Non é a ferramenta en si a que transforma a educación, senón as decisións que tomamos ao deseñar, adaptar e utilizar os materiais.
Antes de aprender a manexar eXeLearning, é necesario coñecer o marco metodolóxico que sustenta a creación de REA e reflexionar sobre que queremos conseguir con eles na aula.
Neste apartado ímonos a centrar en coñecer que diferenza calquera material publicado coa finalidade de ser consultado publicamente dun recurso educativo aberto, onde podemos atopar REA e exemplos de aplicación práctica nas aulas.