Practicamos (Creación avanzada)
Imos deseñar un proxecto de eXeLearning con algunhas interesantes posibilidades que ofrece a ferramenta:
1. Novo proxecto
Abre un proxecto novo en eXelearning, ou utiliza o que creaches no "Practicamos" (Configuración básica) coa versión coa que esteas a traballar (Online, Escritorio ou Clowd) e completa os "Metadatos" (Título, subtítulo, idima, autoría, licenza e descrición). Podes chamar ao recurso "practicamos_II".elpx.
2. Páxinas
Crea 4 páxinas no panel de Estrutura e noméaas:
- Bocadillos, efectos e táboa
- Galeria e mapa
- Formulario e rúbrica
- Xogos e Ciencias
3. Bocadillos, efectos e mapa
En está páxina crea un IDevice"Texto" (opción de contido). Incorpora nese iDevice:
- Un "Bocadillo" (tooltip)
- Un Carrusel (efectos FX)
- Unha táboa formateada con estilo "exe_table"
- Un vídeo de Youtube embebido
Observa como unha vez creados ditos iDevices podes movelos, clonalos, etc.
4. Galeria e mapa
Na pagina "Galeria e mapa" crea un iDevice "Galeria de imaxes" con polo menos 5 imaxes.
Crea tamén un iDevice "Mapa" cunha das fotos da galeria anterior de fondo e varios puntos ou zonas activas onde se proporcione información sobre os puntos ou zonas marcadas.
5. Formulario e rúbrica
Nesta páxina vas engadir un iDevice "Formulario" con polo menos 5 preguntas sobre o contido que consideres.
Inclúe tamén un iDevice "Rúbrica" utilizando unha das que eXeLearning proporciona por defecto e observando as disitintas posibilidades de edición que ten.
6. Optimizador de imaxes
Optimiza, mediante a utilidade que eXeLearning incorpora (Oprimizar imaxe), as imaxes que engadiches ao recurso e observa como se reduce o "peso" do mesmo.
7. Barra de accesibilidade
Unha vez terminado todo o anterior, revisa as opcións de exportación do recurso incluíndo de forma obrigatoria a "Barra de accesibilidade".