Uso e publicación
Imos ver as disitintas posibilidades que ofrece a ferramenta para dar a coñecer o noso proxecto aos demais:
1. Proxecto revisado
O proxecto que gardaches en "Practicamos" (creación avanzada) debería estar revisado en todos os aspectos pois nos dispomos a publicalo para que sexa utilizado. O nome do arquivo será agora "proxecto_revisado.elpx".
2. eXeViewer
En eXeViewer imos cargar directamente o arquivo "proxecto_revisado.elpx" e imos observar como podemos usalo na aula.
Sobe ese mesmo arquivo a algunha nube tipo Nextcloud, GoogleDrive, OneDrive ou un servidor institucional e dálle a eXeViewer a URL do arquivo compartido para observar como se xera un enlace que permite ver o recuso directamente no navegador ao proporcionar ao alumando dita url.
3. Opcións offline
- Exporta o recurso coa opción "Imprimir ou gardar como PDF" e observa que se perde a interactividade en gran medida pero pode ser unha solución se non dispomos de internet para mostrar os nosos proxectos.
- Fai tamén unha exportación en Cartafol (sitio web descomprimido) e nota como abrindo o arquivo index.html podes ver o recurso no navegador. En caso de usar Cloud, descarga como sitio web e descomprime.
- Se dispós de libro electrónico ou lector de ePub proba a exportanción ePub para ver tamén o resultado da mesma.
4. Outras alternativas (opcional)
Dependendo das túas posibilidades proba:
- Subir o recurso a Procomún
- Publicar en Moodle con gardado ou non de cualificacións
- Publicar en Wordpress