Como dixemos anteriormente, a principal diferenza entre un REA e calquera outro material educativo é a licenza de uso. Imos coñecer un pouco máis acerca dos dereitos de autor e as licenzas para ter claro que é un REA e que non.
Dereitos de autor e licenzas de uso
Os dereitos de autor son aqueles que ten o creador dunha obra desde o momento da súa creación, independentemente de que estea rexistrado ou non.
Estes dereitos inclúen dereitos morais (aqueles relacionados co recoñecemento da autoría e o respecto á integridade da obra) e dereitos de explotación (aqueles que permiten obter un beneficio económico da reprodución, distribución, transformación e comunicación pública da obra). O autor da obra pode facer uso do seu dereito exclusivo de explotación da obra durante un prazo de tempo. Unha vez terminado ese prazo a obra entraría no que se denomina Dominio Público: o autor seguirá sendo "o pai" da obra pero poderá ser explotada por calquera outra persoa sen o seu consentimento previo.
As licenzas abertas permiten que, durante ese prazo de tempo no que o autor ten a exclusividade dos dereitos de explotación, outros usuarios poidan utilizar a obra en determinados casos e baixo determinadas condicións establecidas polo autor. Entre as licenzas abertas destacan as licenzas Creative Commons, un sistema sinxelo e rápido a través do cal un autor pode licenciar a súa obra indicando as condicións de uso.
Licenzas Creative Commons
O conxunto de licenzas Creative Commons (CC) é un sistema moi sinxelo que nos permite compartir o noso material con outros usuarios sen necesidade de que teñan que solicitar permiso nin pagar por iso. Coa simple inclusión dunha destas licenzas nunha obra, o autor dá permiso a calquera usuario para utilizala baixo as condicións da licenza concreta. Por tanto cando un usuario atopa un material licenciado con CC sabe que pode usalo de forma legal e gratuíta sen necesidade de solicitar permiso, sempre que cumpra as condicións indicadas.
A continuación presentamos o seis licencias CC e as súas condicións de uso:
Licenzas recomendadas para os REA
Como vimos anteriormente, os dereitos de autor reservan todos os dereitos de explotación dunha obra para o autor, no Dominio Público non hai dereitos de explotación reservados, e as licenzas CC permiten ao autor decidir que dereitos de explotación cede e en que condicións. Isto permítenos debuxar o seguinte "semáforo de licenzas", no que se ordenan as licenzas desde a máis restritiva até a máis libre.
Estritamente falando, os materiais licenciados con CC BY-ND e CC BY-NC-ND non se consideran REA posto que non permiten a súa transformación. O resto das licenzas si. Con todo, como sinálase na imaxe, as licenzas que cumpren os requisitos de "Obra de cultura libre" son CC BY-SA, CC BY e Dominio Público, porque permiten a máxima distribución da obra e, por tanto, do coñecemento. Polo que, a nosa recomendación é que se licencien os REA con algunha desas tres modalidades: CC BY-SA, CC BY e Dominio Público.