¿E difícil a materia ou os exames aos que vos tedes que enfrontar? NON. É o nivel axeitado para unha preparación adecuada. Garante unha formación forte tanto para as PAU como para a continuación de estudos, e é accesible para finalizar cunha excelente cualificación no bacharelato. Algúns datos ilustrativos do curso 24/25, similares aos dos demais anos desde que imparto a materia, xulgade vós:
- 14% finalizan a materia cun 10 (10 estudantes)
- 27% finalizan a materia con 9 ou máis.
- 60% finalizan a materia con 7 ou máis.
- 86% aprobados en ordinaria, excluíndo abandonos.
- 94% aprobados contando a extraordinaria.
É unha carreira de fondo, pode haber algún imprevisto, pero o resultado final é froito do traballo ao longo de todo o curso.
E nas PAU? Pois os resultados dese ano na materia en xuño foron:
- 18% sacaron 10 (10 estudantes)
- 58% sacaron 9 ou máis.
- 87% sacaron con 7 ou máis.
- Só un estudante por debaixo do 5 (4,25).
O exame PAU 2025 non foi difícil, pero estivemos un punto por encima da media galega nesta materia. Na PAU 2026, máis esixente, e cunha promoción que partía de menor nota media, os resultados foron 0,16 mellores que a media galega na materia, cando esa mesma promoción estivo 0,09 puntos por debaixo se contamos toda a parte xeral.
Non se regala nada, pero o esforzo ten recompensa. Facede caso ás miñas indicacións, preguntade dúbidas, aproveitade as clases ao máximo, e organizádevos para levar a materia ao día, e todo irá ben. Ánimo!