COMPETENCIAS
COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
- Localizar, seleccionar e contrastar de maneira progresivamente autónoma información procedente de diferentes fontes, avaliando a súa �iabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura.
CONCIENCIA CIDADÁ
- Comprender as relacións sistémicas de interdependencia, ecodependencia e interconexión entre actuacións locais e globais, e adopta, de forma consciente e motivada, un estilo de vida sostible e ecosocialmente responsable.
COMPETENCIA DIXITAL
- Xestionar e utilizar a súa contorna persoal dixital de aprendizaxe para construír coñecemento e crear contidos dixitais.
COMPETENCIA PERSOAS, SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER
- Planear obxectivos a medio prazo e desenvolver procesos metacognitivos de retroalimentación para aprender dos seus erros no proceso de construción do coñecemento.
MATEMÁTICA E EN CIENCIA, TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA
- Formular e desenvolver proxectos deseñando, fabricando e avaliando diferentes prototipos ou modelos para xerar ou utilizar produtos que dean solución a unha necesidade ou un problema de forma creativa e en equipo