Saltar navegación

Deseño

REFERENCIAS

Programación e deseño

  • Web de Scratch
  • Aplicacións para o deseño e programación ben sexa programación por bloques ou a través de código para a programación de placas de Arduino

PRODUTO FINAL

Realizar un videoxogo

  • Dependendo do material do que se dispoña e do tipo de proxecto a elaborar, a idea é ser quen de xerar un videoxogo que ben pode ser a desenvolver unicamente para interactuar a través dunha versión para navegador e interactuar co teclado/rato, ou incluso co deseño de elementos externos que se poderían integrar no videoxogo (placas de arduino, sensores, etc).

FASES

Fase Tarefa Traballo na aula
Planificación Definición do produto final a elaborar en función dos recursos e das posibilidades Desenvolver a narrativa do videoxogo, persoaxes e os seus perfís, temporalización das accións a desenvolver.
Deseño Elaboración dos elementos precisos para o produto final Storyboard do videoxogo e de cada posible acción, deseño dos personaxes (caracterización, roles, atribucións) e doutros elementos (deseño do espazo e zonas de xogo).
Creación Creación do videoxogo Programación do videoxogo no que se poderán incluír aspectos matemáticos (eixes de coordenadas, cálculo).

AVALIACIÓN

Valoración do produto final. Presentación

  • Un aspecto que vai facilitar a avaliación deste traballo será a posibilidade de elaborar un diario de aprendizaxe e a xestión realizada a través dun portfolio dixital para ir recopilando a información e os avances realizados no desenvolvemento do videoxogo.

DIFUSIÓN

Dar a coñecer os contidos creados á comunidade educativa

  • Ao igual que acontece cos videoxogos comerciais a difusión escollida, o marketing e a campaña son elementos que poden marcar o éxito dun produto. Estes aspectos poden ser un elemento máis a ter en conta á hora de integrar no proxecto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)