
espazoAbalar
 |
Comunicación web
|
abalarPro
 |
App para o profesorado
- A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ademais do portal espazoAbalar, ofrece abalarPro. Trátase dunha aplicación para o persoal docente que permite consultar e enviar mensaxes ás familias do alumnado a través do teléfono móbil de forma cómoda e rápida, xestionar as solicitudes de titorías e xestionar as faltas do alumnado.
- Máis información en: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarpro
|
abalarMóbil
 |
App para as familias
- A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
- Máis información en: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil
|
Moodle Mobile
 |
Seguimento da actividade do EVA no móbil
- Descargando a app moodle mobile desde a tenda de aplicación do dispositivo móbil, e configurando o acceso ao EVA (https://eva.edu.xunta.gal/login/index.php) e empregando as credencias oportunas (ben do profesorado ou do alumnado) pódese dispoñer dun acceso rápido á mensaxería, entrega de tarefas ou comentarios das mesmas.
|
Mensaxería grupo
 |
Uso educativo da mensaxería
- Nalgunhas ocasións, o uso da mensaxería entre o alumnado non é todo o axeitada que sería desexable. Ademais da posibilidade de limitar esta comunicación pode haber unha solución intermedia:
- Crear un grupo dentro do EVA no que o alumnado e o profesorado implicado forman parte do mesmo grupo.
- Dentro da mensaxería, unha vez habilitado o grupo, haberá a posibilidade de empregar este servizo nese grupo.
- A diferenza fundamental, é que no grupo tamén estará o profesorado, co que as comunicacións serán públicas para todo o grupo. Esta posibilidade pode facilitar o uso dun xeito educativo da mensaxería.
|