
Acceso
 |
O espazo de traballo
- O entorno virtual de aprendizaxe (EVA) do proxecto E-Dixgal é unha plataforma baseada en moodle que permite a creación de aulas virtuais de forma similar ás aulas virtuais do proxecto websdinámicas.
- Para acceder:
- O profesorado: empregando a súas credenciais corporativas (igual que a conta de correo).
- O alumnado: No caso do alumnado, as credenciais xéranse automaticamente o primeiro curso de acceso ao proxecto. Para coñecer estas credenciais e facilitarllas ao alumnado, calquera docente que dea clase nese grupo, desde o menú do EVA "O meu escritorio > Xestión de credenciais" pode consultar e restaurar os contrasinais do alumnado.
- Para máis información premer nas seguintes ligazóns:
|
Edición básica
 |
Accións básicas no EVA
- A flexibilidade que permite o espazo de traballo vai facilitar a edición dos recursos dispoñibles coma por exemplo:
- Amosar documentos, ligazóns a páxinas webs ou crear materiais.
- Escoller entre os recursos dispoñibles.
- Engadir tarefas e actividades de avaliación (cuestionarios por exemplo).
- Facer o seguimento dos resultados e da actividade do alumnado.
- Para ver como realizar algunha destas accións premer aquí.
|
Copia de seguranza
 |
Recuperación dun curso
- Coa ferramenta de copia de seguranza, o EVA permite gardar os recursos e contidos introducidos polo profesor e a configuración da materia nun único ficheiro comprimido con formato ".mbz".
- Realizar copias de seguranza das nosas materias sempre é unha boa práctica antes de que finalice o curso, sobre todo se o/a profesor/a aportou á materia materiais propios (contidos, recursos, actividades, ...) que non están nos repositorios oficiais.
|
Importación dunha aula virtual
 |
Importando recursos dunha curso na aula virtual do centro
- O mesmo que sucede coa copia de seguranza da que se falaba no apartado anterior, pódese realizar unha copia de seguranza desde un curso creado na aula virtual do centro (dentro do proxecto websdinámicas) e recuperar eses contidos no EVA.
|
Eva Off-line
 |
Acceso aos recursos sen internet
-
EVA Offline resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade. Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada no menú "Educación" do propio equipo EDIXGAL.
- Para ver máis información sobre o funcionamento desta aplicación premer aquí.
|
Mensaxería
 |
Comunicación no EVA
- EVA, coma todos os espazos baseados en moodle (aula virtual do centro, platega, etc) dispón da posibilidade de establecer comunicación entre o alumnado e entre o alumnado e o profesorado.
- Este servizo da mensaxería sempre estará dispoñible entre o profesorado e o alumnado. Pero, no caso da comunicación entre o alumnado, cada centro poderá decidir se bloquea ou permite esta comunicación.
- A persoa que tecnicamente pode modificar estas funcionalidades é a coordinadora do proxecto no centro.
- Un camiño intermedio pode ser empregar a funcionalidade da mensaxería nun grupo. Se na aula/materia na que está o alumnado matriculado, se xera un grupo no que o docente desa materia forma parte do grupo, pódese habilitar a mensaxería de grupo. Deste xeito permitimos a comunicación entre o alumnado, dentro dun grupo no que está o docente dese grupo.
|