![]() |
Constitúe o conxunto integrado de coñecementos, destrezas e actitudes que o persoal docente debe pór simultaneamente en xogo para desenvolver as funcións propias da súa profesión acadando un nivel de desempeño de calidade, demostrable e comprobable. Os recursos que o proxecto E-Dixgal pon á disposición dos centros educativos, do profesorado, do alumnado e as súas familias, facilita a mellora da súa competencia dixital. As características destes recursos (flexibles, personalizables e adaptables) facilitan a progresión e mellora no desenvolvemento da competencia dixital docente. O feito de formar parte activa do proxecto garante ao profesorado o recoñecemento dun nivel da súa competencia dixital. |
![]() |
Integración dos recursos E-Dixgal na aula
Competencias Profesionais Docentes
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0

