DIXIT
 |
Proxecto DIXIT
- O proxecto DIXIT está promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Os recursos DIXIT son contidos dixitais deseñados para que a comunidade educativa viva experiencias de ensino-aprendizaxe innovadoras e transformadoras, baseadas na filosofía de aprender facendo. Dixit ten como finalidade favorecer a aprendizaxe activa do alumnado.
- Máis información e:
|
cREAgal
 |
Recursos Educativos Abertos (REA)
- cREAgal é un proxecto desenvolvido pola Dirección Xeral de Innovación e Ordenación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O proxecto ten como obxectivo a elaboración de recursos educativos gratuítos abertos adaptados aos currículos galegos, flexibles e inclusivos, que poden empregarse voluntariamente nas aulas dixitais de todos os centros de Educación Primaria e ESO.
|
Repositorio de contidos
 |
Recursos educativos
- O repositorio de contidos educativos dixitais, ao que os centros teñen acceso a través do espazoAbalar (con máis de 4.000 recursos educativos dixitais complementarios en diferentes idiomas), permiten aos docentes elaborar a súa propia mochila dixital.
- Estes recursos poderán ser incorporados ao EVA ou accesibles desde o propio repositorio.
- Permite a busca e filtrado por idioma, tipo de licenza e polo tipo de actividade.
|
H5P + eXeLearning
 |
Creación de contidos
- Ademais dos contidos propios que se poden xerar no EVA, os que se poden incorporar doutros proxectos ou de recursos editoriais, existe a posibilidade de xerar contidos desde o propio moodle.
- H5P.
-
H5P é un paquete de HTML5 que permite crear tarefas e actividades para integralas na nosa aula virtual.
-
Esta ferramenta facilítanos a elaboración de presentacións, vídeos, imaxes, exercicios de diversos tipos e elementos interactivos para poder traballar na aula.
-
-
eXeLearning
- eXeLearning é unha ferramenta de autor de código aberto para axudar aos docentes na creación e publicación de contidos web.
- Os recursos elaborados con eXe poden exportarse en diferentes formatos: IMS, SCORM 1.2… Tamén como páxinas web navegables.
- Integrado no EVA sen necesidade de recurrir a aplicacións externas.
- É o software empregado para xerar os recursos de cREAgal.
|
Recursos editoriais
 |
Netex Smart-Content, Edebé, Aula Planeta, Pearson
- As referencias editorias que aparecen no título ofrecen contidos para todas as materias desde 5º de Educación Primaria ata 4º da ESO.
- Estes contidos son accesibles desde o propio EVA.
- Facilitan a súa edición, modificación e posterior recuperación desde as propias plataformas de cada unha das propostas.
- Para consultar os recursos dispoñibles: Acceder ao EVA > Acceso ao catálogo e posteriormente seleccionar o nivel escollido para ver os recursos dispoñibles
- Para consultar a axuda e o funcionamento destes recursos: Acceder ao EVA > Axudas > Contidos, e escoller a fonte de recursos para ver as súas posibilidades.
|