
REFERENCIAS
 |
Áreas do currículo ou convocatorias específicas
- Ademais de calquera tema ben sexa de contidos ou referencias históricas en calquera ámbito (científico, literario, político,...) para propoñer unha figura/feito a destacar existen convocatorias e datas que poden facilitar e promover este tipo de traballos: Día das Letras Galegas, 8M, Día da muller e da nena na ciencia, etc.
|
PRODUTO FINAL
 |
Posta en valor da persoa ou feito obxecto de estudo
-
Realizar podcast, unha infografía, animacións, presentacións, etc onde difundir e amosar a vida, traxectoria ou evento a traballar.
-
Este produto non ten necesariamente que ser en formato dixital, pero as ferramentas dispoñibles facilitarán e mellorarán o resultado final.
|
FASES
| Fase |
Tarefa |
Traballo na aula |
| Definir o obxecto de estudo |
Centrar o obxectivo do traballo, realizar equipos, asignar roles. |
Habilidades sociais, CCL, CD, contidos da materia da que se trate e dinámicas de xestión de grupos. |
| Obter a información que se precisa |
Deseño do plan de traballo, seleccionar os recursos, localizar información de interese. |
Competencias: CCL, CD, CC. Lectura, comprensión lectora, inferir respostas, consumo responsable, ALFIN. |
| Creación dos contidos |
Elaboración produto final |
Xestión de recursos, xestión da información, licenzas de uso, exposición oral, edición, maquetación e produción de contidos. |
AVALIACIÓN
 |
Valoración do produto final. Presentación
- Á hora de presentar o traballo ao resto da aula, ademais dun traballo personal e do grupo, facilitará aspectos de avaliación por parte do profesorado coma por parte do propio alumnado.
|
DIFUSIÓN
 |
Portfolio personal
- Ademais do produto final traballo o feito de manexar información, editar e arquivala para un uso posterior facilitará a creación do portfolio (tanto na súa versión dixital como analóxica) tanto individual coma do grupo.
|